Thursday 16 de May de 2024

O Concello de Boqueixón conmemora o Día Internacional da Muller cun mural elaborado polos nenos e nenas da ocioteca


O Concello de Boqueixón conmemora hoxe o Día Internacional da Muller coa exposición dun mural elaborado por 26 nenos e nenas da ocioteca municipal o pasado venres. Unha iniciativa promovida polo CIM de Boqueixón que se vén organizando nos últimos anos co propósito de concienciar a toda a poboación, e en especial á xente máis nova, na necesidade de erradicar calquera tipo de discriminación por razón de xénero.

O mural incorpora, xunto á inscrición ‘8M Día da Muller’, a imaxe dunha muller que o CIM utiliza para a súa habitual campaña desta efeméride. Como en anos anteriores, o lema da campaña é Hoxe non quero bicos, tampouco flores, quero igualdade. Todos os días son 8 de marzo.